Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Servizo a usuarios

O préstamo interbibliotecario facilita aos usuarios con carné da Biblioteca Nacional de España o acceso a documentos doutras bibliotecas españolas e estranxeiras.

1. Que se pode solicitar?

Calquera tipo de documento pode ser solicitado no Servizo de préstamo interbibliotecario, se ben é a biblioteca posuidora da obra quen establece as súas normas de préstamo. Antes de facer a solicitude, o usuario deberá asegurarse de que o documento non se encontra na Biblioteca Nacional de España.

2. Como se fai a solicitude?

  •  Mediante o formulario web.

A primeira vez que o usuario con carné da Biblioteca Nacional de España acceda ao formulario, deberá darse de alta no Servizo de préstamo interbibliotecario.

Posteriores accesos poden realizarse dende unha conta Facebook, Twitter, LinkedIn ou Google, dende a propia páxina do formulario.

  • Persoalmente en:

-   Sede da Biblioteca Nacional de España en Madrid:
     Servizo de Préstamo Interbibliotecario
     Área norte, 4º andar, sala 1ª
     Paseo de Recoletos, n.º 20
     Horario: de luns a venres, de 9,00 h a 15,00 h.

-   Sede da Biblioteca Nacional de España en Alcalá de Henares:
    Servizo de préstamo interbibliotecario
    Estrada de Meco, km. 1.600
    28871 Alcalá de Henares (Madrid)
    Horario: de luns a venres, de 9,00 h. a 14,00 h.

3. Onde se consultan as publicacións?

Unha vez recibida a publicación na Biblioteca Nacional de España, o usuario poderá recollela no Servizo de préstamo interbibliotecario (sede de Madrid ou de Alcalá de Henares). As obras deberán ser consultadas nas salas establecidas pola BNE para tal fin.

O uso de calquera publicación recibida, no seu formato orixinal ou en reprodución, realizarase de acordo coa lexislación sobre Propiedade Intelectual. Calquera infracción por incumprimento desta é responsabilidade do usuario.

4. Canto custa?

Son as propias bibliotecas subministradoras as que establecen o custo do servizo. A Biblioteca Nacional de España non cobra pola xestión.

5. Como se paga?

O custo que establecen as bibliotecas subministradoras pagarase mediante transferencia ou ingreso na conta corrente: Biblioteca Nacional de España - Ingresos polos servizos de préstamo interbibliotecario, n.º 9000 0001 2 0 0200009458 do Banco de España, r/ Alcalá, n.º 48, 28014 Madrid.

O xustificante de pagamento poderá enviarse ao servizo de préstamo interbibliotecario a través do correo electrónico.