Calquera biblioteca española ou estranxeira pode facer unha solicitude de préstamo interbibliotecario á Biblioteca Nacional de España.
1. Que ofrece o Servizo:
A Biblioteca ofrecerá unha reprodución cando o envío do orixinal non sexa posible, sempre que o seu estado de conservación sexa o axeitado e se cumpra a lexislación de propiedade intelectual. A reprodución tardará un mínimo de trinta días unha vez aceptada esta opción pola biblioteca solicitante.
- Envío de copias en PDF ou en papel:artigos de revistas ou partes de libros.
- Envío de reproducións en formato PDF: manuscritos e impresos anteriores a 1958.
- Quedan excluídos do Servizo de préstamo interbibliotecario:
- Documentos inéditos.
- Obras de referencia.
- Documentos de Arquivo e Arquivos persoais.
- Números completos de publicacións seriadas.
- Materiais especiais: carteis, debuxos, ephemera e ex libris, fotografías, gravados, etc. A reprodución destes materiais só pode ser solicitada por usuarios individuais ao Servizo de reprografía.
2. Como facer a solicitude
As peticións deberán ser enviadas a través do formulario dispoñible na web. As bibliotecas deberán darse de alta como centro a primeira vez que accedan ao devandito formulario.
Posteriores accesos poden realizarse dende unha conta Facebook, Twitter, LinkedIn ou Google, dende a propia páxina do formulario.
3. Duración, conservación e devolución do préstamo de orixinais
- Duración:
30 días dende a recepción do exemplar. Pódese solicitar prórroga de 30 días antes de rematar o devandito prazo. - Conservación:
A boa conservación das obras prestadas será exclusiva responsabilidade da biblioteca peticionaria.
A obra prestada non deberá saír da biblioteca en ningún caso. - Devolución:
Por correo certificado. A obra debe estar correctamente embalada, preferentemente en sobres acolchados. - Motivos de sanción:
A Biblioteca Nacional de España deixará de prestar o Servizo de préstamo interbibliotecario á biblioteca peticionaria cando esta incorra nalgún dos seguintes supostos:
- Incumprimento das normas.
- Non aboar os gastos de restauración ou encadernación en caso de deteriorar a obra.
- Non reposición dunha obra en caso de extravío.
- Atraso de máis de 3 meses no aboamento de facturas.
Catálogo

