Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Como consultar os fondos

Fondos en libre acceso

Todas as salas dispoñen de fondos en libre acceso e pódense coller directamente dos estantes. Xeralmente, son obras de referencia. Pode consultar que fondos hai en libre acceso no seguinte buscador

Obras nos depósitos

1. Localizar a obra no catálogo da Biblioteca.

2. Anotar a signatura.

3. Dirixirse á sala onde se encontra o documento.

exemplo de fondo no Catálogo

4. Solicitar a obra ao persoal bibliotecario (período de entrega entre 10 e 30 minutos).

Atención: se o documento se encontra nos depósitos de Alcalá de Henares, entregarase nun prazo de entre 24 a 48 horas (estará dispoñible 15 días naturais).

Facilidades

  • Pode manter reservados, cando lle resulte necesario, ata 3 volumes durante un período de 15 días naturais.
  • Reserve os documentos antes de vir
    Pode solicitar con antelación os fondos para un día determinado. Este servizo permite dispoñer de ata 10 volumes durante un prazo máximo de 15 días naturais.