Reproducción de documentos
O servizo de Reprodución de documentos por encarga encóntrase dispoñible a través do formulario da nosa web.
A Oficina de Reprografía e Fotocopias ao Público permanecerá pechada ata novo aviso.
Unicamente se permite o pagamento en liña con tarxeta ou por transferencia bancaria.
A Biblioteca ofrece un servizo de reprodución de fondos co obxectivo de facilitar o acceso á información.
Como obter as reproducións
- Por encarga
Copias dos fondos da BNE en reprodución dixital, soporte papel, fotografía e gravacións de audio e vídeo.
Os pasos son os seguintes:
1. Solicitar a reprodución a través do formulario no web.
Poden solicitarse ata un máximo de 10 peticións (sinaturas) por cada solicitude. O solicitante recibirá por correo electrónico, en formato PDF, os datos da solicitude formulada, así como un identificador desta que deberá gardar para futuras referencias
2. A Biblioteca enviará o presuposto
O prazo máximo para a entrega do presuposto é de 10 días hábiles a partir da recepción da solicitude.
O formulario de solicitude debe completarse coa maior cantidade de datos posible e, en todo caso, os prazos indicados na Carta de Servizo da BNE para este servizo non comezarán a contabilizarse ata que a BNE non dispoña dos datos suficientes para identificar correctamente tanto o solicitante como a obra, ou parte concreta desta da que se solicita reprodución/uso público.
Unha vez aboado o importe, o solicitante recibirá un correo electrónico de confirmación do pagamento recibido e procederase á reprodución dos documentos.
3. A Biblioteca entregará as reproducións nun prazo máximo de 20 días hábiles a partir da confirmación do pagamento, pola vía que se seleccionara de entre as dispoñibles no formulario (entrega presencial, correo certificado ou descarga dixital). Sempre e cando sexa posible, potenciarase a descarga dixital como medio de entrega.
Unha vez realizada a reprodución, o solicitante recibirá un correo electrónico con información para a entrega en función do modo de entrega seleccionado.
- Autoservizo
- Reproducións directas, ata un máximo do 20% dun libro posterior a 1958 ou dun artigo completo dunha publicación periódica posterior a 1958, sempre que o estado de conservación o permita e forme parte do fondo da BNE. Para un número maior de copias ou dun documento anterior a 1959 haberá que solicitar a reprodución por encarga a través do formulario da nosa web.
Os pasos son os seguintes:
1. Crear unha conta dende os ordenadores para usuarios da Biblioteca.
A conta é persoal para cada usuario, quen a xestiona e pode ver información sobre a actividade realizada nesta.
2. Cargar a conta con saldo.
Para iso hai que identificarse nunha das estacións de pagamento (situadas no Espazo de Reprografía da 2ª planta, anexo ao Salón Xeral de Lectura, e na Sala de Prensa e Revistas da 4ª planta) e introducir o importe desexado.
3. Realizar as reproducións nos equipos multifunción.
Os equipos están distribuídos no Espazo de Reprografía da 2ª planta e en cada unha das salas de consulta da Biblioteca. Permiten:
- fotocopiado en branco e negro
- fotocopiado en cor
- escaneo en diferentes resolucións e formatos para gardar nun dispositivo USB
- Copias en papel a partir de microfilme ou soporte dixital.
Información práctica
A Oficina de Reprografía e Fotocopias ao Público permanecerá pechada ata novo aviso.
Unicamente se permite o pagamento en liña con tarxeta ou por transferencia bancaria.
Biblioteca Nacional de España
Servicio de Reprografía al Público
Paseo de Recoletos, 20
28071 Madrid (España)-
Información xeral sobre o procedemento de solicitude:
(+34) 91 580 77 57 / (+34) 91 580 78 91
Tramitación e seguimento de peticións facturadas:
(+34) 915 807 891 / (+34) 915 807 757