Información de la sala
Os lectores han de estar en posesión dun carné investigador ou lector
Obras que se poden consultar nesta sala:
- Debuxos
- Estampas orixinais
- libros ilustrados con gravados orixinais
- Ex libris, ephemera
- Carteis
- Fotografía
- Biblioteca de referencia especializada
- Biblioteca de arte, biblioteca especializada en debuxo, gravado fotografía e iconografía.
- Mapas antigos e modernos, manuscritos e impresos, obras especializadas en cartografía, xeografía, viaxes e países.
Consulta de obras:
- Libre acceso: As obras de referencia son accesibles directamente ao usuario sen necesidade de petición.
- Petición na sala: O lector pode solicitar ata 3 obras simultaneamente. O tempo de espera é de 30 a 45 minutos.
Fotocopias:
Está permitido facer ata 20 fotocopias das obras posteriores a 1958 en bo estado de conservación. Outras reproducións deben ser solicitadas no Servizo de Reprografía. Os mapas só poden ser reproducidos a través de microfilme.
Uso dos ordenadores:
Os ordenadores da sala permiten a consulta do Catálogo da Biblioteca Nacional e outros recursos de información, así como os catálogos doutras bibliotecas.
Os lectores que o desexen, poden utilizar os seus ordenadores portátiles. A Biblioteca proporciónalles o servizo de tecnoloxía sen fíos WIRELESS (WI-FI) para acceder a internet de forma gratuíta..
Catálogo

