O Museo da Biblioteca Nacional de España, tanto por coincidir plenamente os seus obxectivos e funcións habituais cos do Tricentenario coma por desenvolver a oferta educativa e de ocio da institución para o gran público, ocupará un posto relevante no marco das celebracións.
As actividades cuxo desenvolvemento se propón, intégranse ademais plenamente nos ciclos que se programan actualmente.
10 pezas con historia
Integrado no ciclo A peza do mes, este subciclo ofrecerá a posibilidade de coñecer a historia e as coleccións da Biblioteca Nacional de España, a través de dez pezas representativas que axudan a reconstruír a historia e avatares da institución que as custodia.
Programas públicos e educativos
A programación educativa do Tricentenario será de peso e estará máis centrada que nunca en temas arredor do libro, as bibliotecas, a lectura e a nosa Biblioteca Nacional de España.
Certame escolar
¡E que fagas moitos máis!: felicita a BNE no seu 300 aniversario
Itinerarios didácticos da Sala das Musas
As exposicións temporais da Sala de Las Musas abordarán en profundidade os seguintes temas:
- Las letras de la Ilustración. Edición, imprenta e fundición de tipos na Real Biblioteca [As letras da Ilustración. Edición, imprenta e fundición de tipos na Real Biblioteca]. Coordinación, Albert Corbeto (Reial Acadèmia de Bones Lletres de Barcelona) e Marina Garone Granvier (Universidade Nacional Autónoma de México).
17 de xaneiro /25 de marzo de 2012 - Más de tres siglos de cartas: el patrimonio epistolar de la BNE [Máis de tres siglos de cartas: o patrimonio epistolar da BNE]. Coordinación, Antonio Castillo Gómez (Universidade de Alcalá de Henares)
27 de marzo / 17 de xuño de 2012 - Desde el pasadizo al palacio: las casas de la BNE [Dende o pasadizo ao palacio: as casas da BNE]. Coordinación, Pedro Moleón Gavilanes
2 de outubro-decembro de 2012
Catálogo

