No Arquivo da Biblioteca Nacional de España custódianse dous fondos documentais.
- O arquivo da Biblioteca Nacional de España. Consérvanse os documentos producidos e recibidos por esta no exercicio das súas actividades dende a súa fundación, en 1712, como Biblioteca Real, ata o día de hoxe.
- O arquivo da Xunta Facultativa de Arquivos, Bibliotecas e Museos. Fondo documental de extraordinaria importancia para o coñecemento da historia dos Arquivos, Bibliotecas e Museos españois durante case un século.
