Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Biblioteconomía

COLECCIÓN DE BIBLIOTECONOMÍA

1. Historia da colección

A orixe desta colección especializada remóntase a 1950. É nese ano cando a Dirección Xeral de Arquivos e Bibliotecas organiza os Cursos de Formación Técnica de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos, formándose unha biblioteca de estudos para uso de alumnos e profesores. Estes cursos consolídanse posteriormente, creándose a Escola de Documentalistas que, con distintos nomes, funcionou durante máis de 20 anos. A Escola clausúrase en 1986 ao institucionalizarse os estudos de biblioteconomía e documentación, que pasan ás universidades.

Coa creación do Ministerio de Cultura, reestrutúranse varios dos seus centros, que posuían bibliotecas especializadas, que engrosaron os procedentes da biblioteca da antiga Escola, pasando a depender do Centro do Libro e a Lectura e iniciando as súas actividades coa denominación de Biblioteca do Bibliotecario, que prestou servizo dende 1988 a 1991.

En 1992 trasládase á Biblioteca Nacional de España, coincidindo coa creación desta como organismo autónomo, e agregándoselle nese momento os fondos de biblioteconomía existentes no Servizo de Información Bibliográfica: esta biblioteca especializada denominouse Servizo de Documentación Bibliotecaria.

Actualmente, constitúe unha unidade do Servizo de Información Bibliográfica, dentro do Departamento de Referencia, cunha Sala de consulta propia.

2. Os fondos

Trátase dunha colección especializada en Biblioteconomía, Documentación, Arquivística e Museoloxía, así como en materias estreitamente relacionadas con estas disciplinas, como a Historia do libro ou as Novas Tecnoloxías da Información. 

  1. Monografías. Os duplicados e outros materiais en desuso trasladáronse ao segundo depósito da Biblioteca Nacional de España, situado en Alcalá de Henares. Para dar difusión ás últimas novidades recibidas, elabórase un Boletín de Novidades, onde se dá acceso á información bibliográfica daquelas obras sobre Biblioteconomía ingresadas durante os últimos meses. Moitos destes rexistros inclúen a portada dixitalizada e o sumario da obra.
  2. Folletos.
  3. Publicacións periódicas. 180 títulos corresponden a revistas vivas en cinco idiomas. Algúns destes títulos aínda se consultan en papel, mentres que outros deben consultarse na súa edición electrónica. Para acceder ao texto completo das revistas electrónicas, pódese facer dende El Buscón ou a través das listaxes de revistas electrónicas gratuítas e de revistas electrónicas subscritas. As revistas electrónicas gratuítas pódense consultar dende calquera ordenador, mentres que as revistas electrónicas subscritas deben consultarse dende os ordenadores da BNE. Para dar difusión aos contidos das revistas que aínda se reciben en papel, elabórase o Boletín de Sumarios Al Día.

Bibliografía sobre a colección

  • PÉREZ FRÍAS, Emiliano. "Servicio de Documentación Bibliotecaria ("Biblioteca del Bibliotecario")" [Entrevista por Benjamín Cabaleiro]". En Educación y Biblioteca. (1996), n. 68; pp. 44-47.
  • "Servicio de Documentación Bibliotecaria". En Educación y Biblioteca. (1993), n. 37; pp. 12-13.
  • "Servicio de Documentación Bibliotecaria (SDB o Biblioteca del Bibliotecario)"/ Raúl Rubalcaba Banco... [et al.] En Documentación de las Ciencias de la Información. (1998), n. 21; pp. 196-199.