Saltar al menú principal
Saltar al contenido

Monografías

Monografías
Portada de la Bibliografía Española de Monografías

Portada de la Bibliografía Española de Monografías

A Bibliografía Española de Monografías recolle os rexistros bibliográficos dos libros que ingresan na Biblioteca Nacional a través do Depósito Legal.

A versión en liña mantén a periodicidade mensual con 12 números anuais.

Contén os rexistros bibliográficos das monografías impresas e, dende 2001, os recursos electrónicos que son obxecto de depósito legal. Non inclúe os libros de texto de educación infantil e primaria, mentres que os de ensino secundario e formación profesional teñen un nivel de descrición abreviado, as teses de doutoramento de ciencia e tecnoloxía non levan encabezamento de materia e a notación CDU é abreviada.

A edición electrónica da Bibliografía Española de Monografías permitirá, ademais, coñecer a produción bibliográfica española no seu conxunto e por ámbitos xeográficos de comunidades autónomas e provincias, así como polo tipo de soporte físico do documento, a través da elaboración de estatísticas dinámicas.