Actualmente, a través de internet pode acceder a consultar fontes de información imprescindibles en calquera investigación. Entre as primeiras fontes de información dispoñibles en internet, atópanse os catálogos das grandes bibliotecas, a estas uníronse importantes bibliografías, directorios, institucións. Ademais dos rexistros bibliográficos, nas bibliotecas virtuais pódense consultar e ler textos completos. Para lles facilitar aos nosos usuarios internautas as súas consultas en internet, seleccionáronse diversos portais web que se agruparon por tipoloxía e materias.
Para un primeiro achegamento a un determinado tema, é recomendable iniciar as buscas nos índices ou directorios. Trátase de páxinas ben indizadas, útiles para coñecer as fontes de información que sobre esa materia existen en internet. Algúns directorios de recursos útiles son:
- Directorio de Google
- Intute: Social Sciences
- BUBL Link catalogue of internet resources
- The WWW Virtual Library, unha asociación de voluntarios expertos nunha materia que configuran listas de recursos electrónicos referentes á súa área..
Outras seleccións temáticas de recursos electrónicos son as que elaboran as bibliotecas universitarias, como os directorios da Universidade Complutense ou da Autónoma de Madrid.
