Recoleccións de webs de Comunidades Autónomas

O Arquivo da Web Española é a colección formada polos sitios web (incluídos blogues, foros, documentos, imaxes, vídeos, etc.) que se colleitan co fin de preservar o patrimonio documental español en Internet e asegurar o acceso ao mesmo.

As Comunidades Autónomas teñen designados centros de conservación para a xestión do depósito legal de publicacións en liña e elaboran coleccións temáticas cos recursos que consideran necesario conservar como parte do depósito legal do seu ámbito competencial.

Neste campo, a BNE e os centros de conservación das Comunidades Autónomas traballan de forma colaborativa na preservación do patrimonio documental en liña, no marco do Consello de Cooperación Bibliotecaria.

Nos seguintes ficheiros Excel pode consultar a listaxe de URL colleitadas. Se quere posteriormente acceder ao arquivo dun URL colleitada, localícea no Buscador de URLs colleitadas.

 

Acceder ao Buscador de URLs colleitadas