Risco
Internet é un medio moi efémero, onde os sitios web se crean e desaparecen continuamente. A colección de risco trata de gardar unha copia daqueles sitios web que están en risco de desaparición.
Esta información aparece, en moitas ocasións, nos medios de comunicación ou nos propios sitios web afectados, pero noutros casos son os propios visitantes os que coñecen mellor esta situación. Sen a súa inestimable axuda, non sería posible a preservación do patrimonio documental en Internet para as xeracións futuras.
Son tamén importantes para a súa conservación os sitios web que vaian ser profundamente reformados, xa que as versións anteriores proporcionan unha gran información dunha época determinada na historia de Internet.
Xa sexa porque o seu sitio web vai desaparecer ou coñece algún nesta situación, non dubide en escribirnos a archivoweb@bne.es.
Algúns exemplos de sitios web que han desparecido ou foron reformados: