A Biblioteca Nacional de España recibe e conserva exemplares de todos os libros publicados en España. Ademais, atesoura unha valiosa colección de incunables, manuscritos, estampas, debuxos, fotografías, gravacións sonoras, partituras...
Para poder consultar estes fondos basta con estar en posesión dun carné de lector ou investigador. As Salas de Exposicións e o Museo da Biblioteca, onde se realizan diversas exposicións e actividades culturais, son de libre acceso.