Centro Nacional Español do ISSN

Localización
Email
info.issn@bne.es
Teléfono
+34 91 580 77 28

O ISSN (International Standard Serial Number / Número Internacional Normalizado de Publicacións Seriadas) é o código internacional de identificación das publicacións seriadas (revistas, xornais, boletíns, anuarios, series de monografías...).

España forma parte da rede ISSN dende 1978, ano en que se creou o Centro Nacional Español do ISSN, actualmente integrado no Departamento de Control Bibliográfico da Biblioteca Nacional. O Centro Nacional Español do ISSN, que se atopa na Biblioteca Nacional, é a única instancia responsable da asignación de ISSN para as publicacións seriadas editadas en España.

Solicitude do ISSN

Este trámite é gratuíto.

En virtude do RD 1405/2007, do 29 de outubro, as empresas e entidades editoras radicadas en Catalunya deberán dirixirse á Biblioteca de Catalunya

Como obter o ISSN

Publicación seriada en soporte impreso

Xa existente

  • Completar formulario de solicitude e enviar por correo postal  ao enderezo:

    Centro Nacional Español do ISSN
    Biblioteca Nacional de España
    Paseo de Recoletos, 20
    28071-Madrid

     Formulario de solicitude

  • Enviar, ademais, o exemplar do primeiro número ou fascículo  (ou no seu defecto a fotocopia de portada e a páxina de datos editoriais) e un exemplar do número máis recente.

Aínda non editada

  • Completar formulario de solicitude e enviar via web
     Formulario de solicitude
     
  • Anexar proba de imprenta da publicación: copia da portada e/ou cuberta, copia da páxina de datos editoriais e copia da comunicación do número de Depósito Legal
Publicación seriada en liña
  • Completar formulario de solicitude e enviar vía web

 Formulario de solicitude 

 

Só se asignará o ISSN a publicacións seriadas con contido cuxo enderezo electrónico (URL) estea operativo no momento de facer a solicitude.

En todos os casos, é necesario para a correcta identificación da publicación que figure claramente indicado nalgún apartado desta o lugar de edición e a entidade e/ou editor responsable da devandita edición.

O número de Depósito Legal é un trámite obrigatorio para calquera tipo de soporte, agás para as publicacións seriadas en liña. A súa tramitación corre á conta do editor da publicación.


Documentos / Enlaces de interese