Descarga con Z39.50

A BNE ofrece a posibilidade de acceder ás súas bases de datos, por medio do protocolo de procura Z39.50. Este protocolo é un estándar internacional para a recuperación da información baseado en estrutúraa cliente/servidor, que facilita a interconexión entre sistemas informáticos. Fai posible a comunicación entre sistemas que utilizan diferente hardware e software, permite a realización de procuras simultáneas a múltiples bases de datos utilizando unha única interface de usuario, así como recuperar a información, ordenala, e exportar os rexistros bibliográficos.

Nova configuración

Co cambio de sistema de xestión bibliotecaria deberase modificar a configuración dos clientes Z39.50 para acceder a este servizo da BNE.

Para calquera dúbida ou suxestión envía unha mensaxe a o correo electrónico: infoz39@bne.es

Información Técnica

Nome do servidor z3950.bne.es
Nome da máquina z3950.bne.es
Base de datos 34BNE_INST
Porto 210
Autenticación Non é necesario
Dispoñibilidade 24 horas 7 días
Versión do servidor 3
Servizos compatibles Init Search Present Delete-Result-Set Sort Scan Close
Coxunto de atributos BIB-1
Xogo de caracteres Utf-8
Sintaxe de rexistros MARC21
Composición do rexistro FULL

Para calquera dúbida ou suxestión envía unha mensaxe a o correo electrónico: infoz39@bne.es