Normas de uso e acceso

Imagen
Icono web

Normas xerais de uso 

Estas normas elaboráronse para favorecer a correcta utilización dos servizos da Biblioteca Nacional de España (BNE), así como para promover a convivencia entre os usuarios, e entre eles e o persoal. Solicitamos dos usuarios a súa colaboración no cumprimento das mesmas.

Normas xerais de uso (PDF)

Normas de manipulación de fondos

Co fin de asegurar a adecuada manipulación das obras durante a súa consulta e garantir a conservación dos fondos, solicítase a colaboración dos usuarios no cumprimento das normas de manipulación dos fondos conservados na BNE.

Normas de manipulación de fondos (PDF)

Normas de reprodución de fondos

Este documento ten como finalidade establecer o procedemento e a normativa que actualmente deben seguir os usuarios para solicitar tanto reproducións de fondos da Biblioteca Nacional de España (BNE) como o uso público das mesmas. Para iso, tívose en conta a vixente lexislación en materia de propiedade intelectual e a de reutilización da información xerada polas institucións públicas.

Normas de reproducción de fondos (PDF)

Normas de acceso  á Biblioteca Nacional de España

As normas de acceso á Biblioteca Nacional de España pretenden facilitar o acceso aos fondos de toda persoa que necesite consultalos, xa sexa porque estea a levar a cabo unha investigación, porque estea a realizar un traballo vinculado á súa actividade profesional ou, en última instancia, porque necesite facer unha consulta determinada.

Normas de acceso  a la Biblioteca Nacional de España (2014) (PDF)
Modificación das normas de acceso (2022) (PDF)