Do rolo ao códice

Durante tres mil anos o rolo foi o principal formato para a escritura. A súa orixe remóntase a Exipto.

A pesar da súa difícil lectura e localización dos textos, ao obrigar ao lector a desenrolar e enrolar ao mesmo tempo, o papiro foi o soporte predominante entre os séculos IV a.C. e III d.C. A partir do século IV, o uso do “codex” esténdese na parte occidental do Imperio romano ata desprazar completamente no século V ao killindros na parte oriental. A Biblioteca Nacional de España conserva na súa colección unha pequena variedade de soportes, que recollen fundamentalmente textos relixiosos e que permiten ao lector trasladarse a esta etapa primigenia, aínda que non correspondan ao marco cronolóxico mencionado.

Onde consultar

Catálogos