Alegacións en dereito
Coa signatura Porcones identifícase un fondo integrado por alegacións en dereito, documentos que, tanto impresos como manuscritos, presentábanse nos preitos polas partes implicadas, xa que contiñan información que os implicados nunha causa civil ofrecían aos maxistrados para que estes dispuxesen de elementos de xuízo por escrito.
Deles tomouse esta denominación pola unión das palabras (“Por” e “Con”) que, tipográficamente destacadas, aparecen nas portadas deste impresos para introducir a cada unha das partes (litigante e demandado). Son impresos de índole xurídico-administrativa e constitúen o produto editorial que hoxe en día se conserva en maior número.
Moitos destes preitos tratan sobre cuestións hereditarias (mayorazgos, vínculos e sucesións), así como de fidalguías e outros asuntos relacionados cos dereitos de nobreza. No seu conxunto, son un reflexo da historia política, social e económica, detallada a través dos preitos que establecían os diferentes estamentos sociais e, como tales, importante obxecto de estudo para o período histórico que abarcan.