Incunables españois
A colección de incunables impresos en España da BNE conta con máis de 350 exemplares doutras tantas edicións, dunha cincuentena das cales non se coñecen máis exemplares no mundo.
Impresas en boa medida por alemáns chegados á Península a instalar os seus talleres (Juan Párix en Segovia, Meinardo Ungut e Estanislao Polono en Sevilla, Fadrique de Basilea en Burgos ou Juan Rosenbach en Barcelona, por citar algúns exemplos), as obras son representativas da produción da época, composta principalmente en latín, español e catalán.
Seguindo o ronsel doutras grandes bibliotecas, realizouse unha dixitalización completa da colección, de gran calidade, a cor e a dobre páxina na que se inclúe unha regra nas primeiras páxinas de cada obra para favorecer a identificación do formato así como a medición de tipos, un método empregado con frecuencia para identificar incunables, moitos dos cales carecen de portada e colofón.