Cartografía moderna

A Biblioteca Nacional recibe a través de Depósito legal, dende 1958, todos os mapas que se publican. Son os mapas, tanto en folla solta coma formando series, publicados por organismos oficiais, entidades públicas e privadas ou Comunidades Autónomas.

As series e coleccións de mapas modernos máis importantes son:

1. Mapas topográficos

  • Mapa Topográfico Nacional. Elaborado polo Instituto Xeográfico Nacional. Recíbense e consérvanse as series do Mapa Topográfico Nacional dende o comezo da súa publicación en 1875, nas súas escalas 1:25.000 (edicións 1ª, 2ª e 3ª, e 1ª a 4ª dixitais) e 1:50.000 (edicións 1ª a 8ª, e 1ª dixital).
  • Producidos tamén polo propio Instituto recíbense e consérvanse as series de ortofotomapas con escalas 1:10.000 e 1:25.000.
  • Mapas topográfico-militares. Elaborados polo Servizo Xeográfico do Exército. A colección reúne e conserva as distintas series básicas, con escalas dende 1:250.000 a 1:10.000, nas súas diferentes subseries: mapas de mando, mapas xerais, planos especiais, planos directores, etc. Todos estes mapas abranguen dende 1933 ata o ano en curso.
  • Mapas xeolóxicos. Elaborados polo Instituto Xeolóxico de España. Recíbense e consérvanse todas as series dende o seu inicio en 1866 ata a actualidade, entre elas a serie do Mapa Xeolóxico Nacional de España en todas as súas escalas, do 1:50.000 ao 1:400.000.
  • Producidos polo mesmo organismo, recíbense outros mapas temáticos: mapa xeomorfolóxico, mapa hidroxeolóxico, mapa metaloxenético, etc.

2. Cartas náuticas

Elaboradas polo Instituto Hidrográfico da Mariña. Recíbense e consérvanse as cartas cuxa zona de cobertura son as costas de España, zonas do Atlántico e Mar Mediterráneo. A Carta de Navegación Costeira, escala 1:50.000, constitúe a carta náutica base que cobre todo o litoral nacional. Tamén se conservan cartas xerais de arrumbamentos, aproches e derroteiros, con escalas entre 1:30.000.000 e 1:12.500, e cartas destinadas á navegación deportiva, que abranguen todas as costas españolas.

3. Outras series temáticas

Recíbense tamén as series publicadas polo Ministerio de Agricultura: Mapa de Cultivos e Aproveitamentos, escalas 1:50.000 a 1:200.000; Mapa de Clases Agrolóxicas, escala 1:50.000; Mapa de Series de Vexetación, escala 1:400.000, e Mapa Forestal de España, escalas 1:400.000 e 1:200.000.

4. Mapas publicados polas Comunidades Autónomas

Actualmente todas as Comunidades Autónomas publican as súas propias series cartográficas, tanto de cartografía básica ou topográfica coma de cartografía temática. Tamén publican series elaboradas con novas tecnoloxías, coma ortofotomapas, ortoimaxes, ortomosaicos, etc.

Entre os centros cartográficos autonómicos, destacan pola súa actividade e produción o Institut Cartogràfic de Catalunya, o Instituto de Cartografía de Andalucía e o Servizo Cartográfico Rexional de Madrid.

5. Mapas de África

A colección de África conservada no Servizo de Cartografía procedente do legado Tomás García Figueras é moi interesante xa que comprende uns 2.500 mapas da primeira metade do século XX, da zona de Marrocos, Ceuta e Melilla, a maioría deles levantados polo Servizo Xeográfico do Exército e o Servizo Xeográfico do África Occidental Española.

Destaca a serie de mapas topográfico-militares “Mapa da zona do Protectorado Español en Marrocos” nas súas edicións dos anos 1927 a 1959.

6. Mapas en relevo

A colección de mapas en relevo confeccionados en materiais plásticos (PVC) foron elaborados desde finais da década dos 70 do século XX ata os nosos días. O fondo céntrase ata o momento no territorio nacional, representado o territorio de España no seu conxunto ou ben a súa representación parcial: comunidades autónomas, provincias,  parques naturais, encoros, etc.

7. Cartóns postais

A colección de cartóns postais de España constitúe unha das máis importantes a nivel nacional. Unha fonte de documentación de gran interese para o estudo da transformación urbana e paisaxística experimentada en España ao longo do século XX.

Presentan unha gran variedade de formas que dan conta da gran tipoloxía existente: cartóns estándar, redondas, en acordeón, en carpetillas, en abanico, etc.

8. Fotografía aérea

Unha das coleccións máis completas de fotografía aérea é o fondo Bagüés denominada así por  o militar do Exército do Aire e fundador da empresa Aeropost, Mariano Bagüés.

Este arquivo está composto por unhas 67.400 fotografías aéreas (negativos), inventarios, gráficos de voo e varias decenas de positivos. Son fotografías producidas pola empresa Aeropost activa entre os anos 1962 e 1981 onde están fotografadas a maioría das provincias españolas.

Onde consultar

Catálogos