Música relixiosa

A pesar da súa orixe civil a Biblioteca Nacional de España, fiel reflexo da nosa historia, reuniu nas súas máis de tres séculos de existencia unha riquísima colección bibliográfica e documental de procedencia eclesiástica.

A Igrexa católica foi, desde a Idade Media ata o século XIX, o maior foco de produción e consumo de música do noso país e, por iso, a ninguén debe estrañar que os fondos da nosa Biblioteca tamén documenten a música litúrxica e as prácticas musicais da Igrexa. No entanto, a pesar da súa importancia, estas coleccións non se contan entre o máis coñecido da BNE.

Na súa tarefa de preservar e difundir este patrimonio a Biblioteca dixitalizou a maioría das súas fontes, que xa están dispoñibles na Biblioteca Dixital Hispánica, e tamén desenvolveu unha aplicación informática deseñada especificamente para a catalogación de melodías gregorianas. O Departamento de Música e Audiovisuais leva anos traballando na descrición pormenorizada das fontes coa finalidade non só de coñecer mellor nosa colección, senón tamén de facilitar ferramentas de investigación do repertorio español de canto gregoriano e de mostrar un modelo de descrición bibliográfica que permita mellorar a catalogación e por tanto a accesibilidade das coleccións musicais.