Préstamo interbibliotecario a usuarios

Horario

De luns a venres de 9 a 14:30 h.

Email
prestamo@bne.es
Teléfono
+34 91 580 78 99
+34 91 580 78 82

O préstamo interbibliotecario facilita aos usuarios con carné da Biblioteca Nacional de España o acceso a documentos doutras bibliotecas españolas e estranxeiras, xa sexa mediante a reprodución ou o préstamo da obra orixinal.

Que se pode solicitar?

Calquera tipo de documento pode ser solicitado no Servizo de préstamo interbibliotecario, se ben é a biblioteca posuidora da obra quen establece as súas normas de préstamo. Antes de facer a solicitude, o usuario deberá asegurarse de que o documento non se encontra na Biblioteca Nacional de España..

Como se fai a solicitude?

A alta no servizo de Préstamo Interbibliotecario e a solicitude tramítase doadamente enviando un correo electrónico ao enderezo prestamo@bne.es cos seguintes datos obrigatorios:

  • Datos do solicitante: Nome, apelidos, enderezo postal, teléfono e número de carné vixente da BNE.
  • Datos da obra solicitada: Autor, título, ano de edición, artigo ou capítulo e páxinas que se necesita.
  • Datos da biblioteca onde se localizou a obra.

Segundo o establecido pola Carta de Servizos 2022-2025 da Biblioteca Nacional de España, no período de 3 días hábiles, dende a recepción da solicitude, poñerémonos en contacto para realizar as correspondentes aclaracións e informar sobre a xestión da petición.

Este servizo non é gratuíto. Son as propias bibliotecas subministradoras as que establecen o custo do servizo. A Biblioteca Nacional de España non cobra pola xestión pero si cobrará o presupostado pola biblioteca subministradora.

Todas as solicitudes se tramitan exclusivamente para fins de investigación.

Onde se consultan as publicacións?

Unha vez recibida a publicación na Biblioteca Nacional de España, o usuario poderá recollela no Servizo de préstamo interbibliotecario e consultala na Sala de Prensa e Revistas Larra.

O uso de calquera publicación recibida, no seu formato orixinal ou en reprodución, realizarase de acordo coa lexislación sobre Propiedade Intelectual. Calquera infracción por incumprimento desta é responsabilidade do usuario.

Canto costa?

Son as propias bibliotecas subministradoras as que establecen o custo do servizo. A Biblioteca Nacional de España non cobra pola xestión.

A Biblioteca Nacional de España solicitará un orzamento á biblioteca subministradora e facilitarallo ao solicitante para que poida efectuar o pagamento e así confirmar a súa solicitude..

Como se paga?

O custo que establecen as bibliotecas subministradoras pagarase por adiantado::

  • Transferencia bancaria:
    • Nome: “Cuenta de Ingresos por Servicios de Préstamo Interbibliotecario”
    • Número de conta: ES80 9000 0001 2 0 0200009458 (Banco de España. C/ Alcalá, 48. 28014. Madrid).
    • Co fin de facilitar a identificación do ingreso, deberase facer constar o número de control da petición que aparece no orzamento. (Enviar a: prestamo@bne.es).

 

  •  Tarxeta de débito ou crédito no Servizo de préstamo interbibliotecario (Sede de Recoletos. 4ª planta do núcleo norte, sala 1ª)
Contidos relacionados
Servizos
Préstamo interbibliotecario a bibliotecas

Calquera biblioteca española ou estranxeira pode facer unha solicitude de préstamo interbibliotecario á BNE

Información xeral
Carnés da Biblioteca

Información para a tramitación do carné de lector e de investigador.